Piskel App

 

OS PIXEL NOS DEBUXOS

Ola blogueiros don mundo... botastesme de menos? Hoxe veño con algo super entretido e curioso a súa vez.

Estades acostumados a ver películas de debuxos animados e nunca vos preguntástedes como facían os monecos? Pois eu traio a resposta.

Preséntovos unha aplicación ca que podedes realizar unha gran cantidade de debuxos con pixeles, chámase Piskel App.

Para facer algo realmente creativo eu vouvos dar uns consellos sobre como facer un debuxo estatico:

1- Debuxade nun papel con cuadrícula un boceto da idea que vades plasmar logo no programa.

2- Unha vez que a teñades feita deberedes comezar a debuxar! Debedes ter en conta o tamaño do voso moneco ( ancho e largo) e seleccionalo na pestana que di "resize".

Vouvos ensinar os meus piskels 


Como podedes ver e coñeceredes é Snoopy.

Ago vouvos ensinar un mandala que fixen realizando un modelo calqueira (o que máis vos guste, é de libre elección) e copias e pegas ese diseño que fagas arredor de toda a plantilla de piskel ata que queda algo semellante a isto:
 

Agora que xa sodes un pouco máis profesionais, faremos un gift do debuxo que queiramos. É recomendable buscar ideas do que queremos facer ou podemonos guiar do debullo que xa temos feito.

No meu caso aproveito a figura do Snoopy que xa teño realizada e me propoño facerlle unha capa facendo que se lle mova asemellando que está a voar.


Para rematar faremos outro gift co noso nome para deixar o selo. En cada paso poremos un fondo dunha cor diferente e imos engandindo as letras do noso nome, no meu caso eu tamén engadinlle debuxos, se vos gusta podédelo facer e dádeslle un toque orixinal ao voso gift. O resultado final foi algo así:

E con isto despídome blogueiros e blogueiras, espero que vos gustara este tipo de contido no meu blog que a partir de agora seades un autenticos artistas do mundo piskel.

 Ata a proxima! 


Comentarios

Entradas populares